Viñetas do Camiño é un proxecto das Concellerías de Turismo e Cultura do Concello de Fene beneficiario do programa O Teu Xacobeo, da Xunta de Galicia. A iniciativa propón unha ollada patrimonial ao Camiño Inglés en Ferrolterra a través da ilustración e as artes plásticas e ten a súa semente no Museo do Humor, un espazo singular e único en Galicia, que fixo do debuxo e o humor gráfico unha seña de identidade de Fene.
Obxectivos xerais
- Salientar a riqueza do Camiño Inglés a través das ilustracións de artistas plásticos recoñecidos e emerxentes.
- Promover o diálogo entre os ilustradores cara a establecer liñas de colaboración con artistas doutros países e comunidades na difusión do Camiño.
- Poñer en valor o Camiño Inglés como fonte de inspiración para a creación artística.
- Divulgar o patrimonio da ruta entre a mocidade e a poboación escolar.
Obxectivos específicos
- Promocionar Fene e a comarca como destinos de turismo cultural.
- Implicar á poboación de Ferrolterra na promoción da ruta ao seu paso pola comarca.
- Apostar por unha nova fórmula de difusión do Camiño a través das ilustracións.
- Recompilar as historias e vivencias do Camiño Inglés nos “Cadernos de Viaxe” dos ilustradores.
- Fomentar o encontro entre peregrinos e veciñanza.
O proxecto consta de diferentes actividades de nova creación que podedes coñecer máis polo miúdo nestas ligazóns: