Andaina Debuxada

Na fin de semana do 12-13 de xuño celebrouse a Andaina Debuxada de Viñetas do Camiño. Ao par que se realizou unha camiñada en colaboración co movemento asociativo e os centros de ensino, tanto os participantes como os doce artistas convidados realizaron debuxos ao vivo en diferentes puntos do Camiño Inglés entre Ferrol e Pontedeume.

Neste vídeo resúmense os momentos máis destacados das dúas xornadas:

PRIMEIRA ETAPA: FERROL-FENE

Sábado 12 de xuño
A saída será ás 9.00h do peirao de Curuxeiras, cun percorrido de 23,05 Km. Rematará as 18:45h.
 
Itinerario:
Xardíns de Herrera de 9:05h a 9:35h
Ilustradora: Elga Fernández Lamas
 
Sta. María Caranza de 10:35h a 11:05h
Ilustradora: Blanca Escrigas
 
San Martiño de Xuvia de 12:20h a 12:50h
Ilustradora: Carmen Martín
 
As Aceñas de 13:45h a 14:15h
Ilustrador: Leandro Lamas
 
Xantar no Paseo Marítimo de Xuvia de 14:30h a 15:30h
 
Albergue de Neda de 15:35h a 16:05h
Ilustrador: Calros Silvar
 
Igrexa San Nicolás de 16:41h a 17:15h
Ilustrador: Cristian F. Caruncho
 
Museo do Humor (Fonte do Campo) de 18:15h a 18:45h
Ilustrador: Xaquín Marín
 

SEGUNDA ETAPA: FENE-PONTEDEUME

Domingo 13 de xuño
A saída será ás 9.00h da Fonte do Campo cun percorrido de 11,6 Km. Rematará as 14:45h.

Itinerario:
Casa do Concello de 9:05h a 9:35h
Ilustradora: Laura Bouza

Camiño de Mundín de 9:50h a 10:20h
Ilustradora: Beatriz Seijo

Fonte de Santa Lucía de 11:20h a 11:50h
Ilustradora: Dulce Anca

Praia da Madalena de 12:50h a 13:20h
Ilustrador: Juan Manuel Rubio Lozano

Pontedeume (Alameda) de 13.25 a 14:05h
Ilustrador: Hugo Feal

Pontedeume (Confraría) de 14.10 a 14:40h
Ilustrador: Juan Manuel Rubio Lozano

ARTISTAS PARTICIPANTES

CALROS SILVAR

Humorista gráfico, caricaturista e debuxante de banda deseñada, especializouse no debuxo de natureza e como tal colaborou en diferentes guías de árbores e aves. Foi deseñador de produto do Grupo Sargadelos e realizou as Guías de Campo Baía Verde, de Baía Edicións, así como outras coleccións de Natureza para A Nosa Terra, e Tundra ediciones.

Carmen Martín

Esta pintora e gravadora expresionista é unha recoñecida muralista - autora dunhas pinturas murais para a Igrexa de San Fernando en Santiago e outra para a biblioteca do CEIP Recimil, entre outras- e destaca tamén polo seu traballo para achegar a arte ao público. Cofundou o movemento “Hartismo”, que se opón a arte contemporánea conceptual actual.

Blanca Escrigas

Blanca Escrigas é arquitecta de formación e acuarelista de vocación. Esta técnica pictórica é a que elixe para plasmar sobre o papel recunchos da comarca pero tamén retratos e esceas de surf, outra das súas paixóns. Estreouse como autora de contos infantís con “Allá en los mares”, un libro ilustrado que ten a súa propia banda sonora.

Laura Bouza

Pintora, ilustradora, artesana e fundadora do laboratorio de creación artística Laudas Calamity, que fomenta a imaxinación, a creatividade e o pensamento crítico e ten a súa sede en Fene. Alí imparte clases de arte para todas as idades e traballa con proxectos expositivos ao longo de todo o ano.

Beatriz Seijo

Discípula do pintor José González Collado, é a autora de “Un mundo chamado Fene”, editado pola Xunta. Conta con obra en diferentes institucións públicas, entre elas a Deputación de Pontevedra, os Concellos de Fene, Lugo ou La Bañeza, o Ministerio de Defensa ou a Fundación Caja de Ávila.

Dulce Anca

Esta artista aprendeu a debuxar co pintor ferrolán Ricardo Segura Torrella. Residente en Barallobre, imparte obradoiros en paralelo á creación artística. Tamén desenvolve labores de comisaria de exposicións, como a que se puido ver hai uns meses no centro cultural Torrente Ballester de Ferrol, “Eau de Femme”, con traballos de 30 artistas en homenaxe á muller.

Elga Fernández Lamas

Esta deseñadora e ilustradora ferrolá triunfa co seu traballo na súa cidade e tamén en Valencia, onde reside desde hai anos. Compaxina o seu labor como cartelista ou como ilustradora de libros con creacións propias que fuxen do auto-odio e recrean de maneira colorista as tradicións da súa terra natal e da de adopción.

Leandro lamas

Pintor, ilustrador, actor e director teatral, este naronés responde ao perfil de artista comprometido que non fuxe tampouco da pintura por encargo. Alumno de Xaquín Marín, foi el quen o inspirou para dedicarse ao mundo da ilustración. As súas recoñecibles personaxes teñen ilustrado multitude de carteis, artesanía e mesmo portadas de discos.

Cristian F. Caruncho

Este ilustrador de Ortigueira e autor de banda deseñada ten publicadas varias obras curtas e unha novela gráfica longa, “Grandarroiba”, que retrata o rural galego visto desde os montes de Couzadoiro e que polo seu realismo mesmo foi relacionada co cine de Oliver Laxe. Foi autor dun dos últimos carteis do Festival do Mundo Celta.

Xaquín Marín

As súas tiras cómicas son a historia de Galicia nas últimas décadas vista a través de mordacidade do seu lapis. Pioneiro da banda deseñada galega con persoeiros como Gaspariño, ten colaborado con importantes publicacións nacionais e internacionais e impulsou a creación do Museo do Humor, institución que el mismo dirixiu.

Hugo Feal

Foi o gañador da categoría xuvenil da última edición do premio Curuxa de Humor, convocado polo Museo do Humor de Fene, coa obra titulada “Respira”. Deste traballo destacou o xurado a súa calidade gráfica, así como a capacidade para transmitir unha impecable mensaxe crítica sobre a actualidade.

JuanmaRubio

juan Manuel Rubio Lozano

Gaditano de orixe -nado en Alxeciras-, estudou Belas Artes nas universidades de Granada e Salamanca. Leva 25 anos vivindo en Pontedeume, onde ensina a pintar e debuxar no obradoiro Picapinos. A luz e a cor son elementos fundamentais na súa obra, que é figurativa e centrada na paisaxe e os retratos.