A narrativa oral e a música sairán aos espazos públicos a través do ciclo «Humor peregrino», cuxo obxectivo é salientar o patrimonio inmaterial que xorde arredor do Camiño, especialmente as historias que entretiñan e entreteñen aos peregrinos.
Este ciclo organizouse co apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña
-2 de xullo: Concerto de Ukestra do Medio. Na Casa da Cultura.
Ukestra do Medio é un grupo que fai versións de diferentes músicas con ukuleles, baixo e caixón: de clásicos do rock’n’roll, country, swing ou pop a músicas tradicionais galegas ou portuguesas, tangos, bossanovas, cúmbias ou boleros.
-9 de xullo: «Historias de arrepío», contacontos a cargo de Paula Carballeira. Na Casa da Cultura.
Contos que foron tecendo narradoras e narradores anónimos, ás veces recollidos por escrito, a maioría transmitidos oralmente para lembrarnos que a morte está á espreita, e que por iso hai que sentir con intensidade, tremer e rir cando o medo nolo permita, para esquecer porun momento o que agochan as tebras.
-16 de xullo: «Son un monstro», contacontos a cargo de Gala Martínez. Na Casa da Cultura.
«Son un monstro. Canto máis me coñezo peor me caio. Hoxe vin a contarvos que son a peor persoa do mundo. Paseime a metade da miña vida sendo unha vítima, a boa, a que cedía sempre… Agora prefiro ser unha déspota. Eu son adicta a calquera cousa, por exemplo aos bolis bic. Non lle vexo inconveniente a nada. E son a peor amiga do mundo…»
-23 de xullo: concerto de «The Teta´s Van». Na Praza do alcalde Ramón José Souto González.
Banda de mulleres co obxectivo primordial de visibilizar á muller dentro do panorama musical, xa que non hai moitas referentes neste ámbito. É moi importante visibilizar o papel da muller en todos os contextos, sobre todo para as novas xeracións. É un dos obxectivos deste grupo: «Queremos normalizar a figura da muller no escenario». Tamén teñen como obxectivo reivindicar a nosa lingua. E así, en galego, compoñen letras que falan da realidade da muller, rompendo cos estereotipos de xénero.