Venres 12 de marzo: presentación do proxecto «Viñetas do Camiño»

O Concello de Fene convoca aos medios de comunicación á presentación do proxecto “Viñetas do Camiño: unha ollada patrimonial ao Camiño Inglés en Ferrolterra”, enmarcado no programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, que terá lugar o venres, día 12 de marzo, ás 12.00 horas, no Museo do Humor.

O acto contará coa participación do alcalde de Fene, Juventino Trigo; a concelleira de Turismo, Ana Basoa; e o concelleiro de Cultura, Justo Martínez Ardá, xunto coa comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira Marimón.

Deja un comentario