Calros Silvar: «Sempre estiven vinculado á SGHN e iso deume coñecementos para o debuxo, e tamén ao revés, do debuxo pasei aos temas da natureza»

A ilustración da natureza galega está estreitamente ligada á figura de Calros Silvar. Os seus manuais de especies arbóreas, cogomelos, fentos, aves, insectos, etc. da editorial Baía son xa un clásico para os amantes da paisaxe propia. Agora, da man do proxecto “Viñetas do Camiño” axudará a achegar ao camiñante aos aspectos cos que se … Leer más

«Viñetas do Camiño», a proposta do Concello de Fene para poñer en valor o Camiño Inglés a través do debuxo

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, presentou hoxe no Museo do Humor o proxecto “Viñetas do Camiño: unha ollada patrimonial ao Camiño Inglés en Ferrolterra” nun acto que contou coa participación do concelleiro de Cultura, Justo Ardá, e da concelleira de Turismo, Ana Basoa, así como da comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira Marimón. O … Leer más

Venres 12 de marzo: presentación do proxecto «Viñetas do Camiño»

O Concello de Fene convoca aos medios de comunicación á presentación do proxecto “Viñetas do Camiño: unha ollada patrimonial ao Camiño Inglés en Ferrolterra”, enmarcado no programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, que terá lugar o venres, día 12 de marzo, ás 12.00 horas, no Museo do Humor. O acto contará coa participación … Leer más

O Concello de Fene presenta o proxecto Viñetas do Camiño ao resto dos concellos participantes

A concelleira de Turismo do Concello de Fene, Ana Basoa Rioboo, e o concelleiro de Cultura, Justo Martínez Ardá, presentaron o pasado 5 de marzo o proxecto “Viñetas do Camiño: unha ollada patrimonial ao Camiño Inglés en Ferrolterra” a responsables municipais dos restantes concellos da comarca polos que pasa a ruta xacobea. Os edís solicitaron … Leer más

O Camiño Inglés por Ferrolterra, un percorrido cheo de atractivos e historia

Fene é unha das poboacións polas que transcorre o segundo tramo do Camiño Inglés (Ferrol-Miño) que leva a Compostela, onde se atopa o sepulcro do Apóstolo Santiago. A historia destas peregrinacións parte do século XII. Os países escandinavos, coma Noruega, Suecia, Dinamarca, Finlandia ou Islandia e, sobre todo, ingleses, escoceses, irlandeses e flamengos contribuíron a fixar … Leer más